Acessibilidade / Reportar erro

O Xornalismo en transición, a antesala dun modelo de 'Total Journalism'* * Conserva-se o Galego como língua original do artigo.

O Jornalismo em transição, a ante-sala de um modelo de 'Total Journalism'

Resumo

O Xornalismo está a vivir unha profunda metamorfose no proceso de reconfiguración do ecosistema mediático. O impacto de internet nas rutinas xornalísticas marcou un antes e un despois na práctica profesional. Ninguén pon en dúbida que os cambios introducidos foron relevantes. Tanto na busca de material como na súa difusión houbo mudanzas. O resultado é un renovado conxunto de rutinas sedimentadas que conviven con outras máis experimentais e aínda en construción. Unha mirada ao Xornalismo actual, focalizada sobre todo na Península Ibérica e no conxunto de Europa, permítenos indicar, sen embargo, que o básico permanece. Os xornalistas seguen contando historias de non ficción e permanecen como mediadores que teñen unha influenza decisiva nas sociedades actuais.

Palabras chave
Xornalismo; Produción xornalística; Perfiles profesionais; Desafíos profesionais

Resumo

O Jornalismo vive uma profunda metamorfose no processo de reconfiguração do ecossistema midiático. O impacto da internet nas rotinas jornalísticas marcou um antes e um depois na prática profissional. Ninguém põe em dúvida que as alterações introduzidas foram relevantes. Tanto na pesquisa de material e na sua difusão houve mudanças. O resultado é um renovado conjunto de rotinas sedimentadas que convivem com outras mais experimentais e ainda em construção. Um olhar para o Jornalismo atual, focado principalmente na Península Ibérica e na Europa em geral, permite indicar, no entanto, que o básico permanece. Os jornalistas continuam contando histórias de não-ficção e permanecem como mediadores que têm uma influência relevante nas sociedades atuais.

Palavras chave
Jornalismo; Produção jornalística; Perfis profissionais; Desafios profissionais

Abstract

Journalism is undergoing for a strong metamorphosis in the process of reconfiguration of the media scene. The impact of the internet on the news routines was a turning point in the professional practice. No one doubts the relevance of the recent changes. There have been changes both in the search for material and in the dissemination processes. The result has been a renewed set of steady routines that are living together with more experimental and under construction practices. An overview of the current Journalism, focused mainly on the Iberian Peninsula and in Europe in general, enables us to see that the essence remains. Journalists go on to tell non-fictional stories and they remain mediators who have decisive influence over the current societies.

Keywords
Journalism; Journalistic production; Professional profiles; Professional challenges

Introdución

Desde as súas orixes, o Xornalismo estivo vinculado ás innovacións tecnolóxicas (SALAVERRÍA, 2010________. Estructura de la convergencias. In: LÓPEZ, Xosé; PEREIRA, Xosé (coords.). Convergencia digital: reconfiguración de los medios de comunicación en España. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 2010., p.32). E foi a tecnoloxía, que acompañou a conformación e evolución do Xornalismo moderno, a que incrementou o seu impacto nos avances da Comunicación no século 21, logo da reordenación imposta pola crise das punto.com no inicio do terceiro milenio, e situouse no centro do debate, convertendo o contacto do organismo co aparato como central e os aspectos relacionados coas mensaxes e o contexto nun segundo plano.

A popularización de internet irrompeu no escenario do ecosistema comunicativo cunha gran forza transformadora, creando un novo ambiente nos procesos de busca, elaboración e difusión da información. Medios tradicionais e nativos dixitais subíronse ao novo carro, sen encontrar outras vías para a súa actividade, e alimentaron dinámicas conducentes a renovados perfís profesionais. E as tecnoloxías empregadas, como aconteceu sempre ao largo da historia, alterou o espectro dos profesionais vinculados a ela (SCOLARI et al., 2008SCOLARI, C.A.; MICÓ, J.L.; NAVARRO, H.; PARDO, H. El periodista polivalente: transformaciones en el perfil del periodista a partir de la digitalización de los medios audiovisuales catalanes. Revista ZER, v. 13, n. 35, p. 40-43, 2008., p.40-43) porque hoxe son algo así como as linguas francas dos traballadores da información do século 21.

O impacto das tecnoloxías dixitais poden medirse cuantitativamente, onde os datos son esmagadores no que ao seu emprego e uso se refire (tódolos aparatos relacionados coa penetración de internet, a accesibilidade, o emprego de móbiles), e desde o punto de vista cualitativo, cuestión moito máis complexa. Tanto a incorporación acrítica como os escasos estudos realizados nos primeiros anos converten os efectos do emprego dos novos trebellos electrónicos nunha incógnita en moitas das súas dimensións. O que si fixeron, no que a apertura de novas posibilidades, foi facilitar que os usuarios se combinasen as súas posibilidades de consumo coas de produción de contidos, alimentando así a figura das audiencias activas.

As tecnoloxías dixitais, que facilitan o traballo e son unha poderosa ferramenta para mellorar o traballo do Xornalismo (GARCÍA AVILÉS, 2007GARCÍA AVILÉS, J. A. Nuevas tecnologías en el periodismo audiovisual. Revista de Ciencias Sociales y Jurídicas de la Universidad de Elche, v.I, n.2, pp.59-75, mar. 2007., p.60), esixen unha actualización constante por parte dos profesionais para afrontar os desafíos da práctica xornalística na sociedade dixital en rede. Compete aos profesionais aproveitar esa ferramenta en favor dunha información de maior calidade. De feito, esas tecnoloxías mostraron axiña o seu potencial na eficiencia produtiva, ao tempo que enfiaron problemas que centraron debates duns profesionais arrastrados polos novos ventos cara a un proceso de actualización de competencias e habilidades para seguir exercendo a súa actividade, pero non supuxeron sempre un avance no Xornalismo de interese público e na construción de pezas xornalísticas de excelencia.

Neste escenario de cambio tecnolóxico e cambio social, o Xornalismo busca novos rumbos, con novas alianzas, forzado pola dixitalización, a evolución da sociedade en rede e os novos usos e consumos informativos. Unha desas alianzas é unha mellor interacción coa cidadanía mediante novas ventás participativas, o emprego de novas ferramentas e novas formas de facer Xornalismo. A nosa pregunta é como se reflicten eses cambios no espazo ibérico e como avanza nesa alianza coa cidadanía, como materializa ese novo rumbo, e que define esa nova práctica xornalística. E para iso faise unha revisión bibliográfica das principais achegas de autores, ibéricos e europeos, preferentemente, neste campo, e o seguimento da práctica xornalística nos medios da península Ibérica (España e Portugal). Boa parte destes traballos bibliográficos recollen resultados de investigacións levadas adiante nos últimos dez anos. Neste sentido, tamén se incorporan os traballos de seguimento realizados polo grupo Novos Medios nos proxectos de investigación realizados nos últimos 12 anos sobre a evolución do Xornalismo dixital1 1 Innovación y desarrollo de los cibermedios en España (Referencia: CSO2012-38467-C03-03) . Os resultados das achegas bibliográficas e do grupo Novos Medios foron sometidas a análise e debate no grupo de discusión sobre "Tendencias no Xornalismo", da Universidade de Santiago, no que participan investigadores e profesionais dos medios de Comunicación de Galicia. Deste xeito, fíxose unha análise cualitativa dos resultados a fin dunha mellor interpretación dos matices dos cambios na Península Ibérica en particular e no conxunto de Europa.

Estudos europeos arredor dos cambios

Os cambios no Xornalismo, provocados polas tecnoloxías actuais e polas mudanzas sociais, non deixaron indiferentes nin a investigadores nin a profesionais en Europa.

Nos congresos celebrados desde o comezo do terceiro milenio por parte da SOPCOM2 2 Associação Portuguesa de Ciência da Comunicação (http://www.sopcom.pt/page/home). , por parte da AE-IC3 3 Asociación Española de Investigación de la Comunicación (http://www.ae-ic.org/esp/home.asp). , ou ECREA4 4 European Communication Research and Education Association (http://www.ecrea.eu). , houbo comunicacións en diferentes seccións arredor do Xornalismo dixital, das mudanzas no Xornalismo e das novas técnicas empregadas na construción das pezas xornalísticas. Outro tanto podemos dicir dos pronunciamentos dalgunhas das principais organizacións profesionais dos países da Unión Europea, desde a Asociación de Periodistas Europeos5 5 http://www.apeuropeos.org. , ata a Federación de Asociacións de Periodistas de España6 6 http://fape.es. , o Sindicato dos Jornalistas7 7 http://www.jornalistas.eu. e o Syndicat National des Journalistes8 8 http://www.snj.fr. , ou das iniciativas promovidas por algunha organización de carácter mundial, como a International Federation of Journalists (IFJ)9 9 http://www.ifj.org. ou Reporters sans Frontieres (RSF)10 10 https://fr.rsf.org. .

As investigacións no ámbito europeo tiveron varias frontes. No caso de España, os estudos sobre o cambio tecnolóxico e o Xornalismo na sociedade en rede contou como pioneiros a Javier Díaz Noci e Koldo Meso (1997)DÍAZ NOCI, J.; MESO, K. Medios de comunicación en internet. Anaya: Madrid, 1997. e Ramón Salaverría (1999)SALAVERRÍA, R. De la pirámide invertida al hipertexto: hacia nuevos estándares de redacción para la prensa digital. Novática: Revista de la Asociación de Técnicos de Informática, Navarra, n.142, nov-dice, 1999, p. 12-15. Disponível en: <http://dadun.unav.edu/handle/10171/5186>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
http://dadun.unav.edu/handle/10171/5186...
, aos que desde o primeiro momento se sumou unha larga lista (Pere Masip, Josep Lluís Micó, Ángeles Cabrera, Concha Edo, Elvira García, Juan Miguel Aguado, Jesús Miguel Flores Vivar, Xosé Pereira ou Manuel Gago). Pola súa banda, en Portugal, os traballos de Antonio Fidalgo (1999)FIDALGO, A. Nova corte na aldeia. Internet e ruralidade. Diálogos Raianos. Ensaios sobre a Beira Interior. Lisboa: Edições Colibri, 1999. p. 89-99., Helder Bastos (2000)BASTOS, H. Jornalismo electrónico - internet e reconfiguração de práticas nas redacções. Minerva Editora: Coimbra, 2000. ou Joao Canavilhas (2001)CANAVILHAS, J. Webjornalismo. Considerações gerais sobre jornalismo na web. In: I CONGRESSO IBÉRICO DE COMUNICAÇAO. Málaga, 7-9 maio 2001. Disponível en: <http://www.bocc.ubi.pt/pag/canavilhas-joao-webjornal.pdf>. Acceso en: 01 xan. 2016.
http://www.bocc.ubi.pt/pag/canavilhas-jo...
abriron camiño, aos que axiña se sumaron outros investigadores (Fernando António Dias Zamith, Luís António Santos, ou Pedro Jerónimo, entre outros).

A lista de investigadores que traballaron sobre Xornalismo e novos soportes e cambio xornalístico é longa. Referirémonos ás achegas fulcrais e recentes de Carpentier et al. (2007)CARPENTIER, N.; PRUULMANN-VENGERFELDT, P.; HARTMANN, M.; VIHALEMM, P.; CAMMERTS, B.; NIEMINEN, H. Media Technologies and Democracy in an Enlarged Europe: The Intellectual Work of the 2007 European Media and Communication Doctoral Summer School. Tartu University Press: Tartú, 2007. Disponível en: <http://www.researchingcommunication.eu/reco_book3.pdf>. Acceso en: 01 xan. 2016.
http://www.researchingcommunication.eu/r...
, Deuze (2012)DEUZE, M. Media life. Polity Press: Cambridge, 2012., Picard (2011)PICARD, R. Mapping Digital Media. Digatización and Media Business Models. Open SocietyFoundations, Reference Series n. 5, 2011. Disponível en: <https://www.opensocietyfoundations.org/sites/default/files/digitization-media-business-models-20110721.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
https://www.opensocietyfoundations.org/s...
, Peters (2012)PETERS, C. Journalism to go: the changing spaces of news consumpition. Journalism Studies, Abingdon Oxford, v.13, n.5-6, p.695-705, 2012. Disponível em: <http://www.tandfonline.com/toc/rjos20/13/5-6>. Acceso em: 01 xan. 2016.
http://www.tandfonline.com/toc/rjos20/13...
, Westlund (2013)WESTLUND, Oscar. Mobile News. A reiview and model of Journalism in an age Mobile media. Digital Journalism, v.1, n.1, p.6-26, 2013. Disponível por pago en: http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.1080/21670811.2012.740273. Acceso em: 01 xan. 2016
http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.10...
e ao conxunto dos traballos recollidos no volumen monográfico sobre o futuro do Xornalismo de Journalism Studies (2012). Froito das diferentes investigacións apareceron publicacións nos últimos anos como Changing Journalism (2011); Media Life (2012) ou Rethinking Journalism. Trust and participation in a transformed news landscape (2012). En paralelo, tamén se realizaron varios informes de seguimento, como Tranking the Future of News (2015), ou publicacións que recollen puntos de vista de investigadores e xornalistas (El fututo del periodismo, 2012).

O resultado é un conxunto de traballos teóricos e empíricos nos que se identificaron ámbitos do cambio, en especial o que permanece (o básico do Xornalismo, a súa preceptiva) e o que muda (as formas, as técnicas, as estratexias, os soportes a través dos que se canaliza…), así como as consecuencias desas mudanzas (nos perfís profesionais para o exercicio da profesión nos novos medios e para os novos soportes). A mediados da segunda década do terceiro milenio dispoñemos, pois, de abundantes resultados de investigación para entender as mudanzas, a orientación das mudanzas e as tendencias que se van impoñendo no novo ecosistema comunicativo.

A partir destas achegas, este texto o que pretende é identificar e reflexionar sobre aspectos destas mudanzas nuns ámbitos concretos (neste caso, ibéricos, nos que se enmarcan Galiza/España/Portugal) a fin de verificar ou matizar as hipóteses de partida que se poden formular, e tentar dar resposta as preguntas que nos formulamos para achegar novos matices que enriquezan o coñecemento da complexidade destes cambios no espazo europeo. A iso podemos respostar grazas ao seguimento feito nos proxectos de investigación do grupo Novos Medios, que focaliza os seus estudos no espazo ibérico, tanto no seguimento dos medios (os cinco medios matriciais e os cinco medios nativos dixitais de maior difusión), como no exercicio da profesión, no referido a técnicas e a perfís. É por iso que a nosa reflexión científica faise a partir do estado da cuestión, dos principais traballos de investigación no noso ámbito, e dos datos propios do seguimento mediático para unha análise cualitativa.

Renovados perfís

A penetración da cultura dixital e dos medios online, no marco dun cambio tecnolóxico e social da man da sociedade en rede, esixe un cambio radical nas prácticas xornalísticas para uns cidadáns que mudaron usos e consumos informativos nos últimos anos. No escenario actual, onde os datos indican que en España hai 26,25 millóns de españois que acceden regularmente a internet, dos que máis de 20 millóns se conectan todos os días e máis de 21 millóns acceden en mobilidade11 11 Datos do Informe Sociedade de la Información en España 2014, elaborado pola Fundación Telefónica España. Accesible en: http://www.fundaciontelefonica.com/arte_cultura/publicaciones-listado/pagina-item-publicaciones/?itempubli=323. , o consumo de información de cibermedios avanza sen parar. No caso de España, os datos mostran esta tendencia e sitúan a este país entre os líderes en consumos multipantalla12 12 Datos do ConsumerBarometer 2014 lanzado por Google para entender mellor o uso que a xente fai de internet. Accesible en: https://www.consumerbarometer.com/en/insights/?countryCode=GL. . Pero trátase dunha tendencia xeral, aínda que os indicadores de cada país muden.

Os desafíos tecnolóxicos acompañan na actualidade aos profesionais da información no exercicio xornalístico, o que implica a aparición de renovados perfiles que se van consolidando no exercicio da profesión. Internet significou o factor de cambio máis importante dos últimos tempos non só porque creou novas plataformas e canles para a manifestación do discurso xornalístico, senón porque pouco a pouco está obrigando a transformar rutinas de produción dos xornalistas (ROST, 2012ROST, A. Modelos de uso y gestión de las redes sociales en el periodismo. In IV CONGRESO INTERNACIONAL DE CIBERPERIODISMO Y WEB 2.0. Universidad del País Vasco, Bilbao, 2012. Disponível em: <https://www.academia.edu/2762807/ Modelos_de_ uso_y_gesti%C3%B3n_de_redes_sociales_en_el_periodismo>. Acesso en: 5 Abr. 2015.
https://www.academia.edu/2762807/ Modelo...
, p.1), o que provoca o progresivo incremento dunha demanda de perfiles de xornalistas que coñezan esas ferramentas e que entendan o que poden achegar ao discurso informativo.

Aínda que parte da literatura académica mostra certos sesgos deterministas sobre as tecnoloxías, hoxe tende a matizarse ese poder aparentemente omnímodo da tecnoloxía a hora de condicionar o destino das industrias da Comunicación (SALAVERRÍA; GARCÍA AVILÉS, 2008SALAVERRÍA, R.; GARCÍA AVILÉS, J. A. La convergencia tecnológica en los medios de comunicación: retos para el periodismo. Revista Trípodos, Barcelona, n.23,p.31-47, 2008. Disponível em: < http://www.raco.cat/index.php/tripodos/article/viewFile/118910/ 154114>. Acesso em: 05 abr. 2015.
http://www.raco.cat/index.php/tripodos/a...
, p.33) e do Xornalismo nas sociedades actuais. Ese esforzo por analizar as diferentes dimensións das tecnoloxías animou reflexións sobre o perfil dos novos profesionais da información, que agora realizan moitas máis función que os seus colegas de profesión no pasado, e permitiu un mellor coñecemento dos contextos do cambio, das novas necesidades e das novas posibilidades. A aparición dos perfiles do community manager, do content curator, do social media analyst, do chief data officer… mostrou a diversidade e amplitude do novo contexto, así como os desafíos dos profesionais neste escenario.

O feito de que a maioría dos xornalistas empreguen internet no seu traballo profesional e que moitos elaboren contidos para medios online provocou que os plans de formación no escenario ibérico – no europeo en xeral – incorporasen una formación específica. No caso español e portugués, aproveitouse a adaptación dos planos de estudo ao espazo europeo de educación superior, na primeira década do terceiro milenio, para facer realidade esta actualización. O xornalista online ou periodista dixital ten que recibir una formación específica máis aló dos aspectos formativos compartidos cos profesionais da radio, da televisión ou a prensa en soporte impreso. O ciberperiodismo esixe cambios que afectan ás características das mensaxes informativas – adaptadas as posibilidades o medio online –, as etapas do proceso produtivo – nas que deben aplicar novas rutinas de produción – e a organización interna dos medios dixitais – dotados de novas estruturas e fluxos (TEJEDOR, 2007TEJEDOR, Santiago. De la alfabetización digital a la alfabetización ciberperiodística. Revista Telos, Madrid, n. 73, p. 2-9, oct./dic. 2007., p.7). A súa preparación é básica para afrontar os desafíos actuais e futuros.

Ás actualizacións dos planos de estudos que guían a formación dos xornalistas do futuro hai que engadir un importante número de iniciativas de cursos de formación continua, guías de axuda13 13 Unha das guías que apareceu nestes últimos anos foi a publicada polo Knight Center for Journalism in the Americas, con versión en español e en portugués e cunha actualización. O documento está accesible en: https://knightcenter.utexas.edu/es/ebook/herramientas-digitales-para-periodistas-es-0. Consulta para este traballo: 6 Abril 2015. e páxinas web especializadas en clases de Xornalismo14 14 Un dos casos máis coñecidos no ámbito Latinoamericano é http://www.clasesdeperiodismo.com/. Consulta para este traballo: 6 Abril2015. .

Os programas informáticos que se usan a diario e a gran cantidade de recursos en liña dispoñibles constitúen soportes indispensables do método de traballo que debemos coñecer e dominar, xa que do seu aproveitamento pode depender boa parte da calidade do noso traballo (CRUCIANELLI, 2010CRUCIANELLI, Sandra. Herramientas digitales para periodistas. Austin: Knight Center for Journalism, 2010., p.8).

O que permanece e o que muda

A fin de delimitar aspectos do que permanece e do que muda no ámbito do Xornalismo, analizaremos e compararemos, no marco metodolóxico indicado e cos referentes apuntados, aspectos dos elementos do Xornalismo, dos perfiles dos xornalistas, das características das ferramentas actuais e dos sistemas de produción da información na actualidade. Mediante unha metodoloxía analítica, na que se realizou unha comparación de estudos e resultados de investigacións, en especial as realizadas polo grupo Novos Medios, da Universidade de Santiago, como indicamos, tentaremos aproximarnos a delimitar aspectos que caracterizan o Xornalismo actual e que definen aspectos do que pode ser o Xornalismo total do século 21, entendendo por tal o que busca a máxima calidade mediante toda unha diversidade de técnicas, métodos e ferramentas que se foron aplicando nas últimas décadas.

Co obxectivo de ofrecer unha perspectiva ibérica, aínda que no contexto europeo, articularemos boa parte do texto na produción bibliográfica en español e portugués arredor da cuestión, con algunha referencia á bibliografía de referencia europea e internacional (en xeral), en especial para fixar elementos comparativos e achegas plurais. Deste xeito tentaremos unha aproximación desde os estudos empíricos e as reflexións teóricas arredor da evolución da profesión periodística nun espazo da Unión Europea, a península Ibérica, no sur de Europa, nun contexto de cambio e crise que caracteriza a algúns dos países que non figuran na vangarda do desenvolvemento económico da eurozona.

En todo caso, non poderemos illar a reflexión das transformacións da profesión xornalística no escenario mundial e do periodismo. O que si buscaremos é unha focalización que permita prestar atención as singularidades duns ámbitos onde a precarización profesional avanzou moito nestes anos de crise e onde a papel dos periodistas suscita numerosas reflexións. Este aspecto matiza a popularización dalgunhas técnicas e a renovación xornalística no ámbito ibérico, aínda que se seguen as tendencias europeas tanto no campo da dixitalización (emprego de ferramentas actuais), de aplicación dos códigos deontolóxicos e de novas formas de contar as historias nos medios tanto matriciais como nativos dixitais.

O básico mostra a súa fortaleza

A herdanza xornalística, especialmente a construída durante o último século e medio, logo da aparición do Xornalismo moderno, mantén o seu peso e a súa influenza nas prácticas profesionais. Os principios básicos do Xornalismo, sistematizados por Bill Kovach e Tom Rosenstiel no final do pasado século 20, no marco do Pew Proyect for the Excellence in Journalism, seguen tendo vixencia como fundamentos desta técnica de Comunicación Social. Verdade, lealdade, verificación, independencia, foro público, control independente do poder, significante suxírente e relevante, exahaustividade e respecto a conciencia individual seguen no cerne do Xornalismo actual porque, en caso contrario, deixaría de ser tal para derreterse na ubicuidade comunicativa.

A reflexión e o debate sobre a materialización destes principios por sorte non rematou. No ámbito norteamericano, un dos programas encargado de manter a súa análise é o Proyect for the Excelence in Journalism15 15 O proxecto mantén una actividade constante, coa organización de un programa completo de traballos. Accesible en: http://www.journalism.org/. Consulta para este traballo: 7 Abril 2015. , mentres no ámbito Ibérico a comezos da segunda década do terceiro milenio naceu o proxecto Jornalismo e Sociedade que, inspirado na iniciativa norteamericana, promove unha reflexión propia de académicos, profesionais e sociedade civil portuguesa que, entre outros obxectivos, busca analizar o impacto da revolución dixital na transformación da práctica informativa propia lectura dixital16 16 O Proyecto Jornalismo e Sociedade está coordenado polos investigadores principais Gustavo Cardoso e Susana Santos. Accesible en:http://jornalismo.addition.pt/np4/home.html. Consulta para este traballo: 7 Abril 2015. . No caso de España, este seguimento fano, entre outros, os grupos Novos Medios17 17 www.novosmedios.gal. e a rede I-nfotendencias18 18 http://infotendencias.com. , así como os grupos de Comunicación que traballan nos diferentes campos da investigación xornalística e comunicativa19 19 http://www.novosmedios.gal/index.php/grupos-de-investigacion-en-comunicacion. .

Nas tempos actuais da Comunicación en rede, o Xornalismo e os medios, asociados a outras institucións das sociedades democráticas, desempeñaron papeis que os aproximaron á función de contra-poder. Ese papel de vixilante mantense porque as tarefas do Xornalismo son informar, narrar, explicar e convencer, sen limitarse a agradar (MESQUITA, 2007MESQUITA, M.. El cuarto equívoco: el poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Editorial Fragua, 2007., p.84-94), o que tamén fai que se converta nun centro de críticas, en especial nos momentos de crise, tanto polas insuficiencias que mostran os discursos xornalísticos como polos erros. Pero o Xornalismo ten como cometido a elaboración e difusión de pezas xornalísticas de feitos de interese social e relevancia pública (ARMENTIA; CAMINOS, 1998ARMENTIA, J. I.; CAMINOS MARCET, J. M. La información: redacción y estructuras. Universidad del País Vasco: Bilbao, 1998., p.19), polo que o xornalista debe actuar con dilixencia para facer realidade estes obxectivos.

O que acontece na sociedade da conectividade, onde a Comunicación destaca por ser ubicua, é que os xornalistas non son os principais actores do discurso da Comunicación, aínda participando del (MESQUITA, 2007MESQUITA, M.. El cuarto equívoco: el poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Editorial Fragua, 2007., p.89). Nun escenario marcado pola euforia da Comunicación, coas redes sociais como unha das canles centrais, o Xornalismo queda, en todo caso, como algo moi minoritario, aínda que central para o funcionamento das sociedades democráticas e para acadar cidadáns ben informados. E os xornalistas, que por principio defenden a súa independencia en relación cos poderes político e económico, viven nun escenario de presións que poñen en perigo o cumprimento das boas prácticas do Xornalismo ético (ALSIUS et al., 2010ALSIUS, S. (ed.); ALCALÁ, F.; FIGUERAS, M.; MAURI, M.; RODRÍGUEZ, R.; SALGADO, F.; SINGLA, C.; TULLOCH, C. The etical values of journalists: field research among media professionals in Catalonia. Universidad Pompeu Fabra. Barcelona: Lecció Lexikon, 2010., p.235), polo que se ven obrigados a manterse constantemente en garda a fin de esquivar e vencer todo tipo de interferencias na súa actividade profesional.

As ferramentas e os procesos mudan

Os avances das tecnoloxías dixitais nos últimos anos non só provocaron importantes cambios nas nosas vidas, senón tamén nas nosas actividades profesionais. O que se coñece como a revolución dixital, pola transcendencia e pola rapidez con que se desenvolve, leva a que no referido as Tecnoloxías da Información e Comunicación, as coñecidas como TIC, se considere que permanecer inmóbil non é un risco, senón que supón un fracaso. E moverse non é facer ruído, senón inverter en interacción e soporte intelixente para elas (FIGUEIRAS, 2015FIGUEIRAS, A.R. Sociedad y TIC en el futuro. Revista Telos, Madrid, n. 100, p. 28-30, feb./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015030311450001&idioma=es. Acesso em: 8 abr. 2015
https://telos.fundaciontelefonica.com/u...
, p.25). Isto leva aos xornalistas a entrar da man destas tecnoloxías e introducilas nas súas actividades a fin de aproveitala e sacarlles o máximo partido.

Acontece, con todo, que a magnitude dos cambios aconsella reflexionar sobre novas formas, porque nada ou case nada do que caracteriza a sociedade dixital na actualidade, tanto no referido aos medios como ás expresións de Comunicación nacidas na sociedade en rede, teñen garantía de estabilidade e permanencia (NOSTY, 2015NOSTY, B. Medios continuos y nuevo paradigma. Revista Telos, Madrid, n.100, p. 58-61 fev./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031612370002&idioma=es. Acesso em: 08 abr. 2015
https://telos.fundaciontelefonica.com/ur...
, p.61). Quizá por iso a supervivencia no ecosistema dixital implica actualización, experimentación e innovación, características que asumen os profesionais, conscientes de que non estar ao día supón baixarse non só das técnicas de traballo, senón tamén de moitos dos procesos comunicativos actuais. Os datos de España e Portugal, así como os de Europa en xeral, confirman esta tendencia.

A este desafío hai que responder con formación constante no uso das ferramentas, con visión crítica, iso si, porque a aplicación destas tecnoloxías resulta útil para comprobar e verificar informacións nuns tempos nos que os falsos circulan polas diferentes redes. Algúns avances do fact-cheking, como a ferramenta Emergent, desenvolva no Tow Center for Digital Journalism da Columbia University, da man de Craig Silverman, constitúen impulsos a veracidade da información (DIEZHANDINO, 2015DIEZHANDINO, Pilar. Atisbos de esperanza. Revista Telos, n. 100, p.62-64, feb./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031713390001&idioma=es. Acesso em: 8 abr. 2015.
https://telos.fundaciontelefonica.com/ur...
, p.64). A capacidade tecnolóxica ponse así ao servizo do Xornalismo de calidade, con mostras no campo do Xornalismo de datos, na visualización da información e na descuberta de plaxios ou falsidades. O seguimento dos medios de España e Portugal, así como os de Europa en xeral, confirman esta tendencia (NEWMAN; LEVY; NIELSEN, 2015NEUMAN, N.; LEVY, D.; NIELSEN, R.K. Reuters Institute Digital News Report 2015. Tracking the Future of News. Disponível en: <https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Reuters%20Institute%20Digital%20News%20Report%202015_Full%20Report.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
https://reutersinstitute.politics.ox.ac....
).

Os xornalistas na actualidade coñecen e empregan moitas destas ferramentas, ao tempo que, polo impacto da chamada web social nos procesos comunicativos, consulta algunha das redes xeneralistas (Facebook, Twitter, Google+, Pinterest...) ou das redes especializadas (quora.com – a rede social de preguntas e respostas especializadas –, academia.edu, frontiersin.org, researchgate.com...) porque achegan datos de vivencias, tendencias e actividades sociais que dan pistas para elaborar pezas informativas ou mesmo fontes, sobre todo no caso das redes especializadas. As redes sociais convertéronse, pois, nunha nova ferramenta de traballo que os xornalistas incorporaron as súas tarefas diarias (HERRERO, 2013HERRERO, Eva Curiel. Periodistas y redes sociales en España: del 11M al 15M (2004-2011). 2013. Tese (Universidad Carlos III) - Getafe-Madrid., p.18) como unha rutina produtiva máis que, nalgúns medios, xa conta con normas de uso no seu manual de estilo. O seu uso é xeneralizado nos medios europeos (NEWMAN; LEVY; NIELSEN, 2015NEUMAN, N.; LEVY, D.; NIELSEN, R.K. Reuters Institute Digital News Report 2015. Tracking the Future of News. Disponível en: <https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Reuters%20Institute%20Digital%20News%20Report%202015_Full%20Report.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
https://reutersinstitute.politics.ox.ac....
).

Como resulta evidente, a rede ofrece cada vez máis ferramentas para crear, publicar e compartir contido que son empregadas polos xornalistas. Aínda que os cambios son constantes, na actualidade seguen tendo moito predicamento entre os xornalistas desde ferramentas de procesamento de datos de baixo custe ata aquelas que favorecen a creación de vídeos de forma sinxela desde dispositivos móbiles ou nova narrativas audiovisuais, así como todas as que reforzan o contacto coas audiencias activas (desde o WhatsApp ata Twitter). En xeral, toda nova ferramenta que pode resultar útil nos procesos de busca, produción, difusión ou xestión da información entra, máis cedo ou máis tarde, na mochila de traballo dos xornalistas da era da conectividade e da mobilidade. A valoración dos xornalistas europeos indican que resultan útiles na producción xornalística (NEWMAN; LEVY; NIELSEN, 2015NEUMAN, N.; LEVY, D.; NIELSEN, R.K. Reuters Institute Digital News Report 2015. Tracking the Future of News. Disponível en: <https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Reuters%20Institute%20Digital%20News%20Report%202015_Full%20Report.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
https://reutersinstitute.politics.ox.ac....
).

Discusión das dúas perspectivas

O Xornalismo, nun escenario de grandes transformacións e de crise económica e de valores, concentra moitas das críticas que se producen nas sociedades actuais. No seu cometido de mediación social, hai moitos actores sociais que, en función dos seus intereses e obxectivos, cuestionan aspectos do funcionamento do ecosistema mediático e do propio Xornalismo, tanto por actuacións erróneas de profesionais como polas numerosas concesións ante presións dos diferentes poderes por parte de moitos dos medios comerciais. Hai, polo tanto, razóns para a queixa, pero tamén unha necesidade social de revisar cuestións en función de obxectivos incumpridos ou de frustracións nos desexados procesos de cambio.

Na situación do Xornalismo na actualidade, coincidimos con Kovach e Rosenstiel cando din que os elementos do Xornalismo, a teoría do Xornalismo que herdamos, forman parte do Xornalismo do século 21, un Xornalismo creador de significado que se basea na verificación e na independencia (KOVACH; ROSENSTIEL, 2003KOVACH, B.; ROSENSTIEL, T.. Los elementos del periodismo. Madrid: Ediciones El País, 2003. Disponível en: <https://revistasocialesyjuridicas.files.wordpress.com/2010/09/02-tm-04.pdf>. Acesso en: 3 Abr. 2015.
https://revistasocialesyjuridicas.files....
, p.265). A reinvención do Xornalismo hai que facela sobre os cementos da tradición xornalística porque calquera actuación noutra dirección só poderá conducir a aparición dunha nova técnica de Comunicación Social ou a confluencia con algunha das outras existentes, pero non co que foi, co que representa o Xornalismo nas sociedades contemporáneas.

As tecnoloxías actuais deben servir aos xornalistas para incrementar o valor das pezas xornalísticas porque o Xornalismo e as organizacións de noticias que cambien e incrementen o seu valor, para os seus públicos, terán futuro e as outras estarán condenadas ao fracaso (PICARD, 2012RICARD, R. G. La creación de valor y el futuro de las empresas informativas. Por qué y cómo el periodismo debe cambiar para seguir siendo relevante en el siglo XXI. Porto: Editora Media XXI, 2012., p.147). A creación de valor, nun escenario de Comunicación ubicua, converteuse no motor dos procesos de creación de pezas xornalísticas que acheguen información veraz, completa, con calidade e con técnicas de presentación innovadoras. Só así seguirá sendo relevante nas sociedades actuais e futuras.

Neste camiño, no que se incorporaron renovadas ferramentas e estratexias (tanto operativas e funcionais como intelectuais), o Xornalismo afronta unha transición que o debe levar dun modelo de vixilancia, explicación e utilidade social en tempos de escaseza da información a un modelo no que, sen renunciar á vixilancia, á explicación e á utilidade, aplique mellores técnicas nos procesos de busca, elaboración, difusión e xestión da información. Se é capaz de aproveitar ben as novas ferramentas, técnicas e estratexias, entrará nunha fase que podemos denominar de periodismo total, entendendo por tal o que aplica diversidade de técnicas (datos, rastreo, automatización...) en favor da veracidade e dunha información de maior calidade e de maior utilidade para os cidadáns do terceiro milenio.

A modo de conclusión

O Xornalismo vive unha profunda transformación, unha metamorfose, da que a fase actual non deixa de ser un chanzo máis do proceso de transición que vive na súa reinvención para a sociedade en rede marcada pola conectividade e pola mobilidade. O Xornalismo está en mudanza, no marco dun proceso de grandes cambios e transformacións que viven as sociedades complexas do terceiro milenio.

Na fase actual, hai constancia de que o básico, os principais elementos do Xornalismo que sedimentaron a súa teoría no proceso histórico de máis dun século e medio, permanecen porque os seus profesionais considérano acertado e así o reflicten tanto na práctica diaria como nos seus procesos de autorregulación (en especial, nos seus códigos deontolóxicos). Os códigos da Unesco, do Consello de Europa e os aprobados polas organizacións dos distintos países europeos así o indican.

Tamén hai que dicir que os debates sociais, que cuestionan algunha prácticas xornalísticas e critican o excesivo peso do Xornalismo comercial atenazado polos diferentes poderes, non cuestionan o esencial da técnica de Comunicación Social chamada Xornalismo. Hai, polo tanto, unha coincidencia de fondo entre profesionais, actores do ecosistema comunicativo e sectores da sociedade civil.

Onde hai cambios radicais é nas ferramentas que se empregan na busca, produción, difusión e xestión da información, así como nos procesos de usos e consumos comunicativos, derivados da aparición e evolución da rede internet e impulsados pola coñecida como web social. As prácticas xornalísticas incorporan esas novas ferramentas mentres as audiencias activas, que consumen e elaboran mensaxes, buscan o seu espazo nos novos procesos. Así se constata no seguimento dos principais medios ibéricos e dos países europeos en xeral.

Neste panorama, os xornalistas buscan e tentan prestar máis atención ao emprego daquelas ferramentas que lles resultan máis útiles nos seus cometidos de descubrir aquilo que alguén quere ocultar (da man das ferramentas de rastreo), nos procesos de verificación (da man do fact-checking) e nos procesos de visualización e presentación (creación de infográficos e contidos audiovisuais con renovadas narrativas).

Este Xornalismo en transición, que no espazo ibérico ten varios focos e varios observatorios para seguir a súa evolución, como se referiu nas fontes empregadas neste texto, áchase na antesala do que podemos denominar o Total Journalis, é dicir, dun Xornalismo que aproveite o mellor das técnicas de investigación social, das ferramentas tecnolóxicas e dos modelos de automatización para un Xornalismo de maior calidade (vixilante, veraz, de servizo público, que achegue valor engadido e que resulte socialmente útil para un mellor funcionamento das sociedades democráticas actuais do terceiro milenio).

Este modelo ten fortalezas e debilidades, no marco da evolución xeral do Xornalismo, pero mostra unha clara tendencia a manter o básico (preceptiva, códigos actualizados...) e a mudar as técnicas (ferramentas, redes sociais, novas narrativas multimedia, atención a Comunicación móbil...). En definitiva, os datos de seguimento e o resultado da análise indican que está en cambio e mudanza, nunha fase de transición a un modelo moi complexo, con moitas técnicas, visións e formas de intervención social. Nese senso, entendemos que é "total", con moitas e renovadas técnicas para intervir nunha sociedade en rede marcada pola mobilidade, a conectividade e a ubicuidade informativa. Isto, claro está, non implica que teña máis calidade. Só é distinto ao Xornalismo herdado do século 20.

Referencias

  • ALSIUS, S. (ed.); ALCALÁ, F.; FIGUERAS, M.; MAURI, M.; RODRÍGUEZ, R.; SALGADO, F.; SINGLA, C.; TULLOCH, C. The etical values of journalists: field research among media professionals in Catalonia. Universidad Pompeu Fabra. Barcelona: Lecció Lexikon, 2010.
  • ARMENTIA, J. I.; CAMINOS MARCET, J. M. La información: redacción y estructuras. Universidad del País Vasco: Bilbao, 1998.
  • BASTOS, H. Jornalismo electrónico - internet e reconfiguração de práticas nas redacções. Minerva Editora: Coimbra, 2000.
  • CANAVILHAS, J. Webjornalismo. Considerações gerais sobre jornalismo na web. In: I CONGRESSO IBÉRICO DE COMUNICAÇAO Málaga, 7-9 maio 2001. Disponível en: <http://www.bocc.ubi.pt/pag/canavilhas-joao-webjornal.pdf>. Acceso en: 01 xan. 2016.
    » http://www.bocc.ubi.pt/pag/canavilhas-joao-webjornal.pdf
  • CARPENTIER, N.; PRUULMANN-VENGERFELDT, P.; HARTMANN, M.; VIHALEMM, P.; CAMMERTS, B.; NIEMINEN, H. Media Technologies and Democracy in an Enlarged Europe: The Intellectual Work of the 2007 European Media and Communication Doctoral Summer School. Tartu University Press: Tartú, 2007. Disponível en: <http://www.researchingcommunication.eu/reco_book3.pdf>. Acceso en: 01 xan. 2016.
    » http://www.researchingcommunication.eu/reco_book3.pdf
  • CRUCIANELLI, Sandra. Herramientas digitales para periodistas Austin: Knight Center for Journalism, 2010.
  • DIEZHANDINO, Pilar. Atisbos de esperanza. Revista Telos, n. 100, p.62-64, feb./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031713390001&idioma=es Acesso em: 8 abr. 2015.
    » https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031713390001&idioma=es
  • DEUZE, M. Media life Polity Press: Cambridge, 2012.
  • DÍAZ NOCI, J.; MESO, K. Medios de comunicación en internet Anaya: Madrid, 1997.
  • FIDALGO, A. Nova corte na aldeia. Internet e ruralidade. Diálogos Raianos. Ensaios sobre a Beira Interior Lisboa: Edições Colibri, 1999. p. 89-99.
  • FIGUEIRAS, A.R. Sociedad y TIC en el futuro. Revista Telos, Madrid, n. 100, p. 28-30, feb./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015030311450001&idioma=es Acesso em: 8 abr. 2015
    » https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015030311450001&idioma=es
  • GARCÍA AVILÉS, J. A. Nuevas tecnologías en el periodismo audiovisual. Revista de Ciencias Sociales y Jurídicas de la Universidad de Elche, v.I, n.2, pp.59-75, mar. 2007.
  • HERRERO, Eva Curiel. Periodistas y redes sociales en España: del 11M al 15M (2004-2011). 2013. Tese (Universidad Carlos III) - Getafe-Madrid.
  • KOVACH, B.; ROSENSTIEL, T.. Los elementos del periodismo Madrid: Ediciones El País, 2003. Disponível en: <https://revistasocialesyjuridicas.files.wordpress.com/2010/09/02-tm-04.pdf>. Acesso en: 3 Abr. 2015.
    » https://revistasocialesyjuridicas.files.wordpress.com/2010/09/02-tm-04.pdf
  • NEUMAN, N.; LEVY, D.; NIELSEN, R.K. Reuters Institute Digital News Report 2015. Tracking the Future of News Disponível en: <https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Reuters%20Institute%20Digital%20News%20Report%202015_Full%20Report.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
    » https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/Reuters%20Institute%20Digital%20News%20Report%202015_Full%20Report.pdf
  • MESQUITA, M.. El cuarto equívoco: el poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Editorial Fragua, 2007.
  • NOSTY, B. Medios continuos y nuevo paradigma. Revista Telos, Madrid, n.100, p. 58-61 fev./maio 2015. Disponível en: https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031612370002&idioma=es Acesso em: 08 abr. 2015
    » https://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2015031612370002&idioma=es
  • PETERS, C. Journalism to go: the changing spaces of news consumpition. Journalism Studies, Abingdon Oxford, v.13, n.5-6, p.695-705, 2012. Disponível em: <http://www.tandfonline.com/toc/rjos20/13/5-6>. Acceso em: 01 xan. 2016.
    » http://www.tandfonline.com/toc/rjos20/13/5-6
  • PICARD, R. Mapping Digital Media. Digatización and Media Business Models. Open SocietyFoundations, Reference Series n. 5, 2011. Disponível en: <https://www.opensocietyfoundations.org/sites/default/files/digitization-media-business-models-20110721.pdf>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
    » https://www.opensocietyfoundations.org/sites/default/files/digitization-media-business-models-20110721.pdf
  • RICARD, R. G. La creación de valor y el futuro de las empresas informativas. Por qué y cómo el periodismo debe cambiar para seguir siendo relevante en el siglo XXI Porto: Editora Media XXI, 2012.
  • ROST, A. Modelos de uso y gestión de las redes sociales en el periodismo. In IV CONGRESO INTERNACIONAL DE CIBERPERIODISMO Y WEB 2.0. Universidad del País Vasco, Bilbao, 2012. Disponível em: <https://www.academia.edu/2762807/ Modelos_de_ uso_y_gesti%C3%B3n_de_redes_sociales_en_el_periodismo>. Acesso en: 5 Abr. 2015.
    » https://www.academia.edu/2762807/ Modelos_de_ uso_y_gesti%C3%B3n_de_redes_sociales_en_el_periodismo
  • SALAVERRÍA, R. De la pirámide invertida al hipertexto: hacia nuevos estándares de redacción para la prensa digital. Novática: Revista de la Asociación de Técnicos de Informática, Navarra, n.142, nov-dice, 1999, p. 12-15. Disponível en: <http://dadun.unav.edu/handle/10171/5186>. Acceso en: 01 Xan. 2016.
    » http://dadun.unav.edu/handle/10171/5186
  • ________. Estructura de la convergencias. In: LÓPEZ, Xosé; PEREIRA, Xosé (coords.). Convergencia digital: reconfiguración de los medios de comunicación en España. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 2010.
  • SALAVERRÍA, R.; GARCÍA AVILÉS, J. A. La convergencia tecnológica en los medios de comunicación: retos para el periodismo. Revista Trípodos, Barcelona, n.23,p.31-47, 2008. Disponível em: < http://www.raco.cat/index.php/tripodos/article/viewFile/118910/ 154114>. Acesso em: 05 abr. 2015.
    » http://www.raco.cat/index.php/tripodos/article/viewFile/118910/ 154114
  • SCOLARI, C.A.; MICÓ, J.L.; NAVARRO, H.; PARDO, H. El periodista polivalente: transformaciones en el perfil del periodista a partir de la digitalización de los medios audiovisuales catalanes. Revista ZER, v. 13, n. 35, p. 40-43, 2008.
  • TEJEDOR, Santiago. De la alfabetización digital a la alfabetización ciberperiodística. Revista Telos, Madrid, n. 73, p. 2-9, oct./dic. 2007.
  • WESTLUND, Oscar. Mobile News. A reiview and model of Journalism in an age Mobile media. Digital Journalism, v.1, n.1, p.6-26, 2013. Disponível por pago en: http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.1080/21670811.2012.740273 Acceso em: 01 xan. 2016
    » http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.1080/21670811.2012.740273

Fechas de Publicación

  • Publicación en esta colección
    Jan-Apr 2016

Histórico

  • Recibido
    30 Abr 2015
  • Acepto
    31 Dic 2015
Sociedade Brasileira de Estudos Interdisciplinares da Comunicação (INTERCOM) Rua Joaquim Antunes, 705, 05415-012 São Paulo-SP Brasil, Tel. 55 11 2574-8477 - São Paulo - SP - Brazil
E-mail: intercom@usp.br